Fainos moi felices comunicar que novamente todos os nosos residentes e o noso equipo humán acadaron resultados negativos nas probas PCR realizadas para a detección de COVID-19, conforme aos protocolos de seguridades establecidos pola Xunta de Galicia.
Como sempre, non baixaremos a garda, e continuaremos a seguir moi de preto a evolución da saúde tanto dos nosos maiores como do noso persoal.
Debido ás novas restriccións que se farán efectivas na nosa comunidade, e máis concretamente na nosa localidade, as visitas seguen a estar restrinxidas.
Pero animámosvos a que solicitedes a vosa cita previa para poder facer unha visita virtual aos vosos familiares a través de videochamada.
Por último, enviamos unha mensaxe de ánimo a todos os galegos e galegas que se atopan loitando contra este terrible virus, ou que se viron perxudicadas de algún xeito polas novas restriccións.
Fagamos as cousas con sentidiño para vencer xuntos, dunha vez por todas a este “bicho” que tanto nos leva molestado. Non poderá con nós!
