0

Esta fin de semana saímos nas noticias! O domingo a mediodía quixeron contar con nos para o telexornal; para contarnos unha boa noticia.

As residencias galegas non rexistraron ningún caso de contaxio de coronavirus dende fai un mes!

Unha noticia que nos segue dando tranquilidade, demostrando que as vacinas están sendo unha dosis de alivio e de esperanza nas residencias de maiores, onde tanto dano fixo a Covid-19 dende o comezo desta pandemia.

Aqui tedes o enlace do telexornal do día 25/04/2021 no que nos podedes ver a partir do minuto 6:40

https://bit.ly/32PpdUR

Como non, outro día máis seguimos aqui loitando para poder seguir neste bo camiño, desexando que isto pase o máis pronto posible e todos poidamos volver a retomar ainda que sexa un chisquiño da vida que antes tiñamos.

Grazas a todos!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *