Onte conmemoramos o Día contra o Cancro de Mama con moitas actividades, como aos nosos maiores lles gusta.
Esta é nosa particular homenaxe a todas as mulleres que pasaron ou pasan por esta enfermidade tan terrible. O noso xeito de visibilizar, dar apoio e enviar toda a nosa forza e agarimo a esas valentes guerreiras.
Queremos aproveitar tamén para resaltar de novo a importancia das revisións periodicas para a detección precoz.
Porque na nosa Residencia, sacamos peito contra o cancro de Mama!
