Restrinxidas as visitas á Residencia de Silleda

De xeito totalmente preventido, na Residencia de Silleda decidimos restrinxir as visitas dos familiasres aos nosos maiores dende o día de hoxe. O noso equipo médico, que segue a evolución do COVID-19 de preto, e a dirección do noso centro vense na obriga de tomar unha decisión drástica, sendo conscientes da súa dificultade.  Debido á […]

De xeito totalmente preventido, na Residencia de Silleda decidimos restrinxir as visitas dos familiasres aos nosos maiores dende o día de hoxe.

O noso equipo médico, que segue a evolución do COVID-19 de preto, e a dirección do noso centro vense na obriga de tomar unha decisión drástica, sendo conscientes da súa dificultade. 

Debido á situación na que se atopa a nosa contorna e tamén as provincias veciñas, decidimos, de xeito preventivo e ata que a situación mellore, restrinxir as visitas aos familiares. 

Rogámoslle ás familias comprensión e prudencia. Son momentos moi difíciles para todos, a nosa prioridade é asegurar o benestar dos nosos maiores e aportarlles tranquilidade e confianza.

Por suposto, facilitaremos o contacto entre maiores e familias a través de videochamadas e chamadas telefónicas, sempre con previa cita como viñemos facendo dende o inicio desta pandemia.

Desexando que esta restricción dure o menos posible e a situación mellore, enviamos unha forte aperta a todas as familias e agradecemos de antemán a comprensión.

Compartir

Facebook
Email
WhatsApp

Más publicaciones:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.