Esta semana adicámola ao exterior e por iso decidimos facer unha pequena excursión cos nosos maiores.
Fumos en autobús ata o Corpiño e despois desfrutamos dun delicioso pulpo á feira ao aire libre. Pasámolo en grande! Non hai máis que ver as caras de felicidade dos nosos residentes.





O xoves imos a desprazarnos de novo ata Ponteledesma e a Carixa, para seguir celebrando que a vida cada vez se vai normalizando máis.
Agardamos que vos guste ver as nosas pequenas pero intensas saídas. Queremos agradecer especialmente a Lucas, o noso animador, a Nieves, Rocío, Fernando, Belén, Yami, e a toda a organización que fixo posible que podamos desfrutar destas excursión con toda a seguridade.
