Bo día,
Dende a transparencia e o rigor co que sempre desenvolvemos a nosa labor profesional, queremos transmitir o noso máis sinceiro agradecemento por todas as mostras que cariño que estamos a recibir.
O noso Equipo Humano é un equipo de profesionais cualificados que desempeñan o seu traballo día a día coa maior das adicacións, e sobre todo, con moito cariño e pensando sempre no benestar dos nosos maiores.
Agradecemos infinitamente ás familias, que como é habitual no noso proceder, están sendo debidamente informadas de todo e en todo momento. A comunicación fluida, clara e transparente cos familiares dos e das residentes é moi importante para nós.
Dende o primeiro día desta pandemia, fixemos un traballo extremadamente escrupuloso cas medidas de prevención, como xa sabedes. Os datos aválannos para poder decir con orgullo que ata o de agora o COVID19 non foi quen de entra rna nosa Residencia.
Desgraciadamente, e a pesar do empeño e o rigor posto cada día, é algo que non está nas nosas mans.
Agardamos que a situación mellore en poucos días, e que todos podamos voltar á vida que levabamos antes, e que tanto botamos en falta.
Mandamos unha mensaxe tamén de tranquilidade, dado que estamos moi ben asesorados dende as institucións correspondentes, ás que tamén lles queremos agradecer o seu bo facer e a dificil labor que se viron obrigados a acometer neste último ano.
Moitas grazas polo voso apoio! Iremos informando de todo e en poucos días, voltatremos a desfrutar todos xuntos.
Porque na nosa Residencia, o compromiso máis grande sempre é co benestar e a felicidade dos nosos Maiores.
