Este ano o Magosto foi un pouco diferente… Pero podemos asegurarvos que foi incluso mellor que o do ano pasado!
Desfrutamos dun magnífico Magosto e dun día xenial.
A nosa animadora Sol fixo unha vez máis un traballo marabilloso. Todos os nosos residentes bailaron, colaboraron na elaboración do mural e dos doces e pasárono en grande na nosa particular festa.
As nosas xerocultoras animaron o baile e aos nosos residentes.
Como vedes, somos unha gran familia que desfruta dos momentos especiais, ainda que tivemos moi presentes aos nosos familiares, que este ano non puideron acompañarnos.
Pero temos moi boas noticias, xa que a partir de hoxe xa teremos visitas na nosa Residencia.
Moitísimas grazas a todos. Viva o Magosto, viva a festa, vivan os nosos residentes e, sobre todo, vivamos como galegos!
