Homenaxe ao noso residente Don José Espiño, párroco da Bandeira durante moitos anos.
Con motivo do Día do Libro, hoxe, na Residencia de Silleda, fixemos unha homenaxe virtual a Don José Espiño. Un dos nosos residentes e párroco da vila de Bandeira durante gran parte da súa vida.
Esta homenaxe non tería sido posible sen a colaboración de Andrés Seoane, da Fundación Baiuca Verdescente e o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña; a todos eles, moitísimas grazas.
Para nós é un pracer contar con Don José na Residencia de Silleda, con el e con todas as historias coas que cada día nos sorprende.
Don José, párroco de Bandeira durante máis de 50 anos é un gran escritor que ata os 93 anos empregou ordenador. Unha persoa culta, escritor, gran lector e un home con gran sentido da caridade. Son moitas as persoas que falan das veces que Don José axudou aos feligreses e tamén aos máis necesitados.
No ano 1977, o periodista Fernando Ónega visitou a vila da Bandeira, como outras moitas veces fixera, pero nesta ocasión asistiu a unha misa de Don José e puido escoitar a súa homilia. Homilía que figura no seu libro “Qué nos ha pasado, España”.

O lucense Fernando Ónega e un gran periodista español. Foi Director de Prensa da Presidencia do Goberno de Adolfo Suárez e autor de gran parte dos seus discursos, entre eles o famoso “puedo prometer y prometo”.
Hoxe, 43 anos despois, é para nós unha honra contar con Fernando Ónega a través de videochamada para conversar co noso querido Don José.
Oxalá puideramos transmitirvos o brillo da mirada de Don Xosé, cousas coma esta fan que o noso traballo teña moito máis sentido.

Grazas a todas as persoas que fixeron posible esta homenaxe. Por suposto, grazas a Fernando Ónega, que nos concedeu o seu tempo nestos momentos difíciles. Agradecementos especiáis tamén á familia de Don Xosé por acompañarnos nun día cheo de literatura e agarimo.
One thought on “Fernando Ónega celebra o día do libro con nós.”