Continuamos a facer probas PCR a todo o noso persoal e os nosos maiores, como indican os protocolos da Xunta de Galicia.
Unha vez máis, o resultado foi negativo para todo o noso equipo e os nosos residentes. Fainos profundamente felices cada vez que chega o resultado ás nosas máns. Sen embargo non nos relaxamos, continuamos con estritos procolos que aseguran o benestar dos nosos maiores, o máis importante para nós.
Como sabedes, o noso equipo médico, que segue a evolución do COVID-19 de preto, e a dirección do noso centro veuse na obriga, nas últimas semanas, de restrinxir ás visitas á nosa Residencia de Silleda.
Agradecemos ás familias enormemente a comprensión e prudencia. Son momentos moi difíciles para todos, a nosa prioridade é asegurar o benestar dos nosos maiores e aportarlles tranquilidade e confianza.
Por suposto, continuamos coas videochamadas para facilitar o contacto entre maiores e familias. Lembra sempre solicitar cita previa.
