Hoxe celébrase o Día da Muller Rural, e non podíamos deixar pasar a ocasión de facerlle unha pequena homenaxe a todas as nosas residentes.
Mulleres loitadoras, fortes, valentes, que co seu esforzo sacaron adiante terras, gando, e familia.
Non temos ningunha dúbida de que sen o seu traballo, a nosa realidade hoxe sería moi diferente.
Así que non nos queda máis que darlles as grazas un día máis pola súa labor e por todas as ensinanzas que nos deixaron e que nos regalan cada día.
Admirámovos moito! Feliz Día da Muller Rural a todas!




