Con raíños de sol recárgase a nosa enerxía cada día! Por iso, estas semanas nas que saíu o sol os nosos maiores están máis felices, con máis gañas de traballar e, por suposto, con gañas de divertirse!
Estamos preparando un San Xoan moi especial todos xuntos. E a isto dedicamos gran parte do tempo. Pintamos, xogamos, debuxamos e facemos manualidades dentro do noso horario de actividades diario.
Só podemos adiantarvos que non vos podedes facer unha idea de canta imaxinación teñen os nosos maiores! Non paran de sorprendernos, e sempre para ben! 🙂




