A dirección da Residencia de maiores de Silleda comunica;
Durante o cribado semanal que se realiza na Residencia de Maiores de Silleda con probas xerontolóxicas para residentes e persoal, e seis semanas despois de ser todos (equipo e pacientes) vacinados contra o coronavirus, foi diagnosticado un positivo en COVID-19.
Trátase dunha paciente da nosa residencia que non presentou ningún tipo de síntoma durante as pasadas semanas. En canto se coñeceu o seu positivo, a paciente foi derivado ao Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela onde lle foi practicada a proba PCR, sendo o seu resultado tamén positivo.
A nosa residente atópase en bo estado e sen ningún síntoma de COVID-19 e todos nós estamos moi pendentes da súa evolución e estado, desexando a súa pronta recuperación.
Durante o día de hoxe estamos facendo un cribado de novo entre todos os residentes e os integrantes do equipo, poñéndonos á disposición de calquera medida que nos axude a previr os contaxios.
Na nosa Residencia cumprimos dende o inicio da Pandemia con todos os protocolos de atención e seguridade, velando sempre pola saúde dos nosos maiores. Aislámonos, restrinximos as visitas, vacinámonos en canto nos foi posible e intensificamos as medidas de prevención cun cumplimento exhaustivo de cada un dos procesos que levamos a cabo no noso día a día, sempre coa mirada posta na protección dos nosos residentes.
Sempre avogamos e mostramos transparencia do acontecido no seo da nosa Residencia, nesta ocasión non ía ser menos. Comprometidos coa saúde dos nosos maiores, faremos todo canto esté nas nosas máns para a mellora da situación.