Dende a Residencia de Silleda queremos dar a coñecer a situación que estamos a vivir día a día na nosa residencia.
Unha labor que desempeñamos dende o noso blog, e que está ao alcance das familias e do conxunto da sociedade.
Nesta ocasión e seguindo coa nosa política de transparencia e información queremos comunicar o contaxio dun dos nosos residentes no Hospital Cínico de Santiago de Compostela.
A nosa residente tivo unha desafortunada caída na nosa Residencia de Silleda, de inmediato foi transladada ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela onde se lle fixo a proba de COVID-19 dando negativo.
Estando ingresada no Hospital Clínico de Santiago de Compostela volvéuselle practicar esta proba dando, nesta ocasión, positivo en COVID-19.
Nestos momentos a nosa querida residente segue nas instalacións do hospital, encontrándose nunha situación estable.
Mandámoslle todo o cariño do mundo para que se mellore canto antes, a ela e á súa familia, coa e estamos e contaco e á que lle desexamos que esta siituación finalice o antes posible.
Na Residencia de Silleda, seguimos na mesma situación de pleno en negativos de COVID-19. Por suposto tomando todas as medidas de seguridade e precaución que estipula Sanidade.
Queremos transladar tranquilidade ás familias e recordarlles que para calquera dúbida ou consulta estamos á súa plena disposición.
Todos os nosos residentes son persoas importantísimas para nós, por elo, e sentíndonos máis familia ca nunca, faremos todo o que esté na nosa man para que estén ben, como ata agora.
Moi boa entrada!
Gracias 🙂