Onte foi o Día Internacinal do Alzheimer, unha enfermidade neurodexenerativa que afecta sobre todo a persoas maiores de 65 anos.
Conmemoramos ese día con unha morea de actividades que nos axudan a manter a nosa memoria e capacidade cognitiva en forma, como puzzles, xogos de mesa, sopas de letras, …
E por suposto, un día tan importante ben merecía que eleboraramos un bonito mural cas nosas propias mans.
O resultado foi un día estupendo no que lembramos a importancia da prevención e o acompañamento ás persoas que padecen esta enfermidade.


Tamén tivemos tempo para visionar xuntos a película ” Vivir dos Veces”, que nos tocou o corazón e nos fixo pasar un rato moi agradable.