Encántanos o Entroido!
Na nosa Residencia somos uns festeiros, e aproveitamos todas as ocasións para celebrar as nosas tradicións. Xogamos, rimos e divertímonos moito xogando a encestar a pelota. E ademáis, coemzamos a elaborar os nosos disfraces de Entroido. Este ano imos de mariñeiros!! Estamos desexando ensinarvos o resultado final… A que ten boa pinta?
Cumpleanos e birlos
Así de ben recibimos o mes do amor na nosa Residencia. Celebrando cumpleanos e xogando aos birlos! Para nós e de vital importancia que os nosos maiores sintan que a nosa residencia é a súa casa, que se divirtan, estén motivados e moi acompañados.
Que viva o amor!
Outra das cousas que máis nos gusta de febreiro, además do Entroido, é celebrar o Día dos Namorados. Tanto os nosos residentes coma todo o noso persoal humano, sempre dicimos entre risas que somos uns namorados… Namorados da vida, namorados do amor e namorados da pequena familia que formamos entre todos. Con estas manualidades tan […]
Benvido, Febreiro!
Na nosa residencia démoslle a benvida ao mes de Febreiro cunha das actividades que máis nos gustan: as manualidades. Febreiro é o mes no que casan os paxaros, e tamén o mes do Entroido por excelencia. E como non podía ser doutro xeito, queremos facer unha homenaxe a esta festa que tanto nos gusta. Irémosvos […]
Estamos vacinados!
Hoxe recibimos a 2ª dose da vacina contra a COVID 19 na nosa Residencia de Silleda. Atopámonos moi ben, e tremendamente felices de estar completamente vacinados. Agora toca esperar uns días para poder dicir que estamos completamente protexidos. Ogallá moi prontiño toda a población reciba esta vacina e pouco a pouco podamos volver a recuperar […]
Parabéns!
Encántanos celebrar os cumpleanos dos nosos residentes. Convírtense en toda unha festa chea de vida e alegría. Este mes foi o turno de Sofía, Javier, Juan, Alicia e María. Parabéns para todos eles e moitos anos de vida!!
Comezamos co Entroido!
Xa sabedes o moito que nos gustan as manualidades na nosa residencia… Os nosos maiores desfrutan moito creando murais temáticos que alegran as nosas paredes e os nosos corazóns. Este ano moitos Entroidos non se poden celebrar coma de costume, pero nós quixemos celebralos á nosa maneira e rendirlle unha especial homenaxe a esta festa […]
Así ven as vacinas os nosos queridos maiores
Queremos compartir con todos vós estas conversas que tivemos con algún dos nosos residentes, na que nos contan como están a vivir toda a situación provocada pola COVID 19 e a ilusión con que están recibindo as vacinas. Agardamos que moi pronto podan volver a abrazar ás súas familias.
Así de ben o pasamos na nosa residencia
O noso equipo sempre está buscando actividades que lles resulten atractivas e divertidas aos noso maiores, pero que ao mesmo tempo lles axuden a mellorar as súas capacidades cognitivas. Con este divertido xogo melloramos a memoria, a percepción do espacio tempo, e a motricidade fina mentres o pasamos en grande. Ver desfrutar aos nosos maiores […]
Visitounos a TVG!
O pasado venres tivemos a honra de recibir a visita da TVG. A nosa entrevista emiteuse en directo no programa Fun Polo Aire. Na seguinte ligazón podedes ver a nosa entrevista, a partir do minuto 32:00. http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-485-4763623 Estamos moi contentos e orguiosos de poder contarlle a todo o mundo que o COVID19 todavía non entrou […]