Saímos nas Noticias de Tele5 e Cuatro
Esa fin de semana, os informativos de 2 canles nacionais, como son Tele5 e Cuatro quixeron dar conta do momento tan feliz que estamos a vivir coa apertura das visitas familiares. Deixámosvos a ligación de Noticias Cuatro onde podedes vernos a partir do minuto 23:47: E a ligazón de Noticias Tele 5: Non temos palabras […]
Participamos nun programa de Televisión Española
Esta mañá recibimos a visita do equipo do programa matinal La hora de la 1. Acompañaron e entrevistaron a familiares e residentes nunha nova xornada de visitas. Podedes ver a nosa intervención na seguinte ligazón, a partir do minuto 24:30 Como podedes comprobar, a alegría é máxima, tanto para os nosos maiores, como para a […]
Celebramos o entroido na nosa Residencia de Silleda
Apaixonados da nosa Galicia, do noso entorno e do noso fermoso paisaxe, quixemos facerlle un homenaxe no entroido deste ano. Fixemos os nosos disfraces coa temática do mar e non puidemos pasalo mellor! Encántanos a auga, a do mar e a da choiva porque eso tamén nos fai diferentes e, ao fin e ao cabo, […]
Celebramos o entroido na nosa Residencia de Luintra
Como bos ourensáns e ourensanas, o Entroido é moito máis que unha festa para nós. Na nosa Residencia de Luintra o entroido entrou de cheo a inundar os nosos maiores de ledicia e felicidade. Non sabedes o ben que o pasamos! E non queremos deixar pasar a oportunidade de compartilo con todos vós!
Comezamos a retomar as visitas.
A espera fíxose longa, pero dende logo, mereceu a pena. Comezamos moi pouco a pouco e con todas as medidas de precaución as visitas familiares aos residentes unha vez inmunuzados tars recibir a vacuna e agardar o tempo pertinente. Ainda que non puido haber bicos nen abrazos, foi moi emotivo ver a felicidade coa que […]
Viva o Entroido!
Así de ben celebramos o Entroido en Luíntra. Como bos ourensáns e ourensanas, o Entroido é moito máis que unha festa para nós. É tradición, sentimento e ledicia, aida que este ano toque celebralo de xeito diferente. Viva o Entroido e vivan as boas costumes!
Celebramos o Amor por todo o alto!
Xa sabedes o moito que nos gustan as celebracións na nosa Residencia… E a Festa do Amor non podía ser menos! Comimos, compartimos, falamos, rimos, desfrutamos, e deixámonos moi claro uns aos outros o moito que nos queremos. Viva o amor en todas as súas formas! Porque na nosa Residencia, estamos namorados do Amor.
Visitounos Cupido!
Na nosa Residencia cremos firmemente no AMOR e en Cupido. Neste divertido vídeo amosámosvos o amor que reparteu hoxe a nosa comapñeira Sandra. Cupido visitou a todos os nosos maiores para entregarlles de volta todo o amor que nos regalan cada día. Hoxe demostrámoslles que ese amor, é mutuo, e sorprendímolos con moito humos e […]
Xa chegou o Entroido!
Como bos ourensáns que somos, o Entroido é unha das nosas festas favoritas do ano. Comezamos a darlle forma aos nosos disfraces deste ano. Porque ainda que vaia ser un Entroidi diferente, ninguén dixo que non se podía celebrar. Eso si, coma sempre, con todas as medidas de seguridade e precaución. Que viva o Entroido!
Cantamos todos xuntos
Hoxe queremos compartir con vós este vídeo no que cantamos todos xuntos unha coñecida melodía que nos encanta. Cantar fainos estar máis felices e alegramos alma e corazón.