Dámoslle a benvida ao Outono!

Mañá, día 22 de setembro tócanos despedirnos do verán a ta o ano que vén. Pero non pensedes que nos pomos tristes… Porque iso significa que chega o outono, e a nós encántanos esta estación. As súas cores douradas, os magostos, os paseos á tardiña, as tempada de setas, a súa luz tan especial,… Son […]

Somos amantes da cultura e a tradición.

Como xa vos contamos en ocasións anteriores, na nosa Residencia a Cultura e a Tradición ocupan un lugar moi importante. Son moitos os momentos nos que desfrutamos compartindo cancións populares, poesías, saberes, contos e ditos tradicionais. Hoxe queremos compartir con todos vós 2 momentos dos que desfrutamos nos ultimos días e que poñen de manifesto […]

Temos as mellores voces do Deza!

Os nosos maiores obséquiannos continuamente con momentos tan fermosos e entrañables coma este. E hoxe, queríamos compartilo con vós e facervos partícipes do ben que o pasamos todos xuntos. Desfrutade desta xoia!

Imos de excursión!

Onte fumos de excursión ás illas de Gres a Ponteledesma. Visitamos as Illa de San Ramón e despois desfrutamos dunha deliciosa e divertida comida na Área Recreativa da Carixa. Dende logo, non pode haber mellor maneira de ir despedindo o verán, e ir recibindo ao fermoso outono. Pasamos un día marabilloso!

Comezamos co mural de Outono!

Como xa sabedes, na nosa Residencia gústanos moito recibir os cambios de estación cun fermoso mural que elaboramos cas nosas propias mans e moito agarimo. E como xa sabedes tamén, gústanos traballar as cousas con tempo para poder desfrutalas. E por iso comezamos xa a elaborar o noso mural de outono. Os nosos maiores atópanse […]

Volvemos a celebrar a Eucaristía

Pouco a pouco imos retomando a normalidade en todos os aspectos do noso día a día. Hoxe estamos moi felices porque onte volvemos a recibir ao noso párroco José para a celebración da Eucaristía. Tanto o persoal coma os residentes estamos moi agradecidos a José pola marabillosa labor que desempeña. Algo que pode parecer tan […]

Desfrutamos a tope de cada momento!

Na nosa Residencia sabemos moito de divertirnos e de aproveitar os días facendo unha morea de actividades que nos encantan. Estas actividades mantéñennos entretidos, permítennos socializar e ademáis, melloran as nosas capacidades cognitivas e psicomotrices. Puzzles, calceta, manualidades, e por suposto, unha das nosas favoritas: desfrutar dos días de bo tempo comendo todos xuntos no […]

Visitamos a Semana Verde

Hoxe estamos moi felices porque estamos de visita na XLIII Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. Todo un acontecemento do que estabamos desexando poder desfrutar de novo. VIsitamos os diferentes pabillóns e tamén nos pasamos por Salimat, Turexpo e Fecap, e pasámolo en grande recorrendo os stands. Gandeiría, artesanía, gastronomía, maquinaria agrícola,… Os nosos […]

Parabéns a todos!

Este mes de Agosto celebramos unha morea de aniversarios dos nosos residentes Alfonso, Vicenta, Mercedes, Elena, Jose, … Unha vez máis queremos desexarlles moitísimas felicidades con todo o amor e o agarimo do mundo. Deixámosvos un pequeno video resumo para que podades ver canto desfrutamos na nosa Residencia das festas de cumpleanos… Non podemos negar […]

Celebramos a Festa do Verán

Desfrutamos do verán e do bo tempo nun entorno privilexiado. Aos nosos maiores encántalles sair ao exterior e desfrutar do cando dos paxariños, vendo as flores e sentindo a brisa. Así foi a tarde de onte, chea de sorrisos e de estímulos positivos para os nosos maiores.

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.