Bailando e moi agradecidos. así é o confinamento na Residencia de Silleda.

Onte cumprimos un mes dende practicamente o inicio de confinamento, un mes de duro traballo e sacrificio. Un mes de convivencia que nos uneu máis ca nunca. Por todos os traballadores e traballadoras, polas familias que non poden visitar aos seus maiores, polos nosos residentes que son valentes e loitadores e por todas as axudas […]

Onte cumprimos un mes dende practicamente o inicio de confinamento, un mes de duro traballo e sacrificio.

Un mes de convivencia que nos uneu máis ca nunca. Por todos os traballadores e traballadoras, polas familias que non poden visitar aos seus maiores, polos nosos residentes que son valentes e loitadores e por todas as axudas que tivemos xa somos, unha gran familia!

Todos estamos ben, e os nosos maiores están con ánimo, divertíndose e sen perder o sorriso. Se algo bo sacamos desta difícil experiencia é a unión ante a adversidade.

Saímos reforzados desta grande crise, queréndonos máis ca nunca e coidándonos máis ca nunca.

Queremos trasladar paz ás familias dos nosos residentes, e que saiban que estamos cumprindo con todos os protocolos esixidos por Sanidade. A empresa xestora da nosa residencia puxo ao noso alcance todos os EPI (equipos de protección individual) e protocolos necesarios, así como formación específica de cada posto de traballo.

Por todo isto, non nos cansamos de dicir, GRAZAS.

Somos un equipo.

Compartir

Facebook
Email
WhatsApp

Más publicaciones:

3 respostas

  1. Somos as familias das usuarias as que estamos superagradecidas polo voso traballo, o voso sorriso e o voso afecto. Estamos desexando poder abrazar os a todas. Unha agarimosa aperta virtual.

    1. Moitísimas grazas polas túas palabras Ana!
      Énchennos de forzas!
      Axiña poderemos darnos esas apertas que tanto extrañamos!

  2. Parece unha gran festa, alegrámonos moito. ainda que botamos en falta a algúns que ao mellor precisaban unha axudiña para sair a bailar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.