Fernando Ónega celebra o día do libro con nós.

Homenaxe ao noso residente Don José Espiño, párroco da Bandeira durante moitos anos. Con motivo do Día do Libro, hoxe, na Residencia de Silleda, fixemos unha homenaxe virtual a Don José Espiño. Un dos nosos residentes e párroco da vila de Bandeira durante gran parte da súa vida. Esta homenaxe non tería sido posible sen […]

Homenaxe ao noso residente Don José Espiño, párroco da Bandeira durante moitos anos.

Con motivo do Día do Libro, hoxe, na Residencia de Silleda, fixemos unha homenaxe virtual a Don José Espiño. Un dos nosos residentes e párroco da vila de Bandeira durante gran parte da súa vida.

Esta homenaxe non tería sido posible sen a colaboración de Andrés Seoane, da Fundación Baiuca Verdescente e o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña; a todos eles, moitísimas grazas.

Para nós é un pracer contar con Don José na Residencia de Silleda, con el e con todas as historias coas que cada día nos sorprende.

Don José, párroco de Bandeira durante máis de 50 anos é un gran escritor que ata os 93 anos empregou ordenador. Unha persoa culta, escritor, gran lector e un home con gran sentido da caridade. Son moitas as persoas que falan das veces que Don José axudou aos feligreses e tamén aos máis necesitados.

No ano 1977, o periodista Fernando Ónega visitou a vila da Bandeira, como outras moitas veces fixera, pero nesta ocasión asistiu a unha misa de Don José e puido escoitar a súa homilia. Homilía que figura no seu libro “Qué nos ha pasado, España”.

O lucense Fernando Ónega e un gran periodista español. Foi Director de Prensa da Presidencia do Goberno de Adolfo Suárez e autor de gran parte dos seus discursos, entre eles o famoso “puedo prometer y prometo”.

Hoxe, 43 anos despois, é para nós unha honra contar con Fernando Ónega a través de videochamada para conversar co noso querido Don José.

Oxalá puideramos transmitirvos o brillo da mirada de Don Xosé, cousas coma esta fan que o noso traballo teña moito máis sentido.

Grazas a todas as persoas que fixeron posible esta homenaxe. Por suposto, grazas a Fernando Ónega, que nos concedeu o seu tempo nestos momentos difíciles. Agradecementos especiáis tamén á familia de Don Xosé por acompañarnos nun día cheo de literatura e agarimo.

Moi felíz Día do Libro dende a Residencia de Silleda.

Compartir

Facebook
Email
WhatsApp

Más publicaciones:

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.