Residencia de Silleda negativo en COVID-19. Comunicado Oficial.

A dirección da Residencia de maiores de Silleda quere comunicar o seguinte;  Como saben as familias dos nosos maiores, durante o día de onte, día 7 de abril, foille practicada a proba de COVID-19 a todos os nosos maiores e a todos os nosos traballadores e traballadoras do centro,  tanto os que están actualmente traballando […]

A dirección da Residencia de maiores de Silleda quere comunicar o seguinte; 

Como saben as familias dos nosos maiores, durante o día de onte, día 7 de abril, foille practicada a proba de COVID-19 a todos os nosos maiores e a todos os nosos traballadores e traballadoras do centro,  tanto os que están actualmente traballando coma os que están nas súas casas agardando polo seguinte turno.

Hoxe, recibimos a confirmación oficial por parte das autoridades sanitarias de que todas as probas realizadas nesta residencia deron NEGATIVO, polo que, na actualidade non temos ningún maior nin traballador contaxiado de COVID-19. 

Quero transmitir a título persoal, como directora do centro, a todas as familias, amigos e coñecidos dos nosos residentes e dos nosos traballadores que non baixaremos a guardia en ningún momento nin relaxaremos as medidas de seguridade e prevención fronte a esta pandemia. 

A nosa residencia segue a cumprir con toda a normativa que nos trasladan as autoridades sanitarias e a Consellería de Sanidade,  o noso persoal segue confinado para a seguridade dos nosos maiores e continuamos a traballar con toda a protección recomendada. 

Os nosos maiores están ben, tratámolos con todo o cariño e amor, coma sempre fixemos e sendo conscientes de que xa levan un tempo sen poder abrazar aos seus familiares, por iso, agora máis ca nunca, nós somos a súa familia. 

Continuamos a facer videochamadas con familias para que teñan contacto cos seus maiores e sempre baixo a petición a través de mail ou chamadas.

Eu, Paula Guzmán, podo garantizarlle ás familias que nesta residencia non se relaxará ningunha medida de seguridade e que seguiremos facendo todo canto esté na nosa man pola seguridade dos nosos maiores da Residencia de Silleda. 

Compartir

Facebook
Email
WhatsApp

Más publicaciones:

5 respostas

  1. ¡Es una noticia estupenda! Nos alegramos muchísimo de que todos esteis bien y fuera de peligro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.