No Día contra o Cancro de Mama, non podiamos deixar pasar a ocasión de facer unha pequena homenaxe a todas esas mulleres, valentes, fortes e loitadoras que se tiveron ou que teñen que enfrentarse ao máis despiadado dos inimigos: o cancro.
Queremos lembrar tamén, a importancia do autocoidado e a autoexploración para a detección precoz. Preto dun 90% dos casos de cancer de mama son curables se se diagnostican a tempo.
Hoxe nas nosas Residencias de SIlleda e Luintra, poñémonos as “gafas rosas” e sacamos peito para que ningunha muller con esta enfermidade se sinta vulnerable.
Por elas, por todas!
