Somos amantes da cultura e a tradición.

Como xa vos contamos en ocasións anteriores, na nosa Residencia a Cultura e a Tradición ocupan un lugar moi importante. Son moitos os momentos nos que desfrutamos compartindo cancións populares, poesías, saberes, contos e ditos tradicionais. Hoxe queremos compartir con todos vós 2 momentos dos que desfrutamos nos ultimos días e que poñen de manifesto […]

Como xa vos contamos en ocasións anteriores, na nosa Residencia a Cultura e a Tradición ocupan un lugar moi importante.

Son moitos os momentos nos que desfrutamos compartindo cancións populares, poesías, saberes, contos e ditos tradicionais.

Hoxe queremos compartir con todos vós 2 momentos dos que desfrutamos nos ultimos días e que poñen de manifesto o moito que desfrutamos de todas estas manifestacións culturais.

Os nosos maiores deleitáronnos cantando a coro a Rianxeira. Para nós as súas voces soan como música celestial!

Por outra banda, o noso compañeiro Juan tivo a ben recitar para todos nós a famosa Canción do Pirata, de José de Espronceda. Ninguén pode negar que ten unha arte innata, e estámoslle moi agradecidos por querer compartila con nós.

Estes intres tan especiais quedarán para sempre gravados na nosa memoria e no noso corazón.

Compartir

Facebook
Email
WhatsApp

Más publicaciones:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.