Visitamos a Semana Verde

Hoxe estamos moi felices porque estamos de visita na XLIII Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. Todo un acontecemento do que estabamos desexando poder desfrutar de novo. VIsitamos os diferentes pabillóns e tamén nos pasamos por Salimat, Turexpo e Fecap, e pasámolo en grande recorrendo os stands. Gandeiría, artesanía, gastronomía, maquinaria agrícola,… Os nosos […]

Hoxe estamos moi felices porque estamos de visita na XLIII Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

Todo un acontecemento do que estabamos desexando poder desfrutar de novo.

VIsitamos os diferentes pabillóns e tamén nos pasamos por Salimat, Turexpo e Fecap, e pasámolo en grande recorrendo os stands.

Gandeiría, artesanía, gastronomía, maquinaria agrícola,… Os nosos maiores queren velo todo e nós non podemos estar máis contentos acompañándoos e vendo as súas caras de felicidade.

As instalacións da Feira Internacional de Galicia están ao carón da nosa Residencia, polo que as vemos os 365 días do ano.

Para nós é todo un privilexio e un orgullo ver como pouco a pouco se van recuperando estes eventos que nos dan vida e que axudan a impulsar a economía de Galicia.

Seguimos desfrutando!

Compartir

Facebook
Email
WhatsApp

Más publicaciones:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.