Estamos todos ben

Continuamos a facer probas PCR a todo o noso persoal e os nosos maiores, como indican os protocolos da Xunta de Galicia. Unha vez máis, o resultado foi negativo para todo o noso equipo e os nosos residentes. Fainos profundamente felices cada vez que chega o resultado ás nosas máns. Sen embargo non nos relaxamos, […]

Continuamos a facer probas PCR a todo o noso persoal e os nosos maiores, como indican os protocolos da Xunta de Galicia.

Unha vez máis, o resultado foi negativo para todo o noso equipo e os nosos residentes. Fainos profundamente felices cada vez que chega o resultado ás nosas máns. Sen embargo non nos relaxamos, continuamos con estritos procolos que aseguran o benestar dos nosos maiores, o máis importante para nós.

Como sabedes, o noso equipo médico, que segue a evolución do COVID-19 de preto, e a dirección do noso centro veuse na obriga, nas últimas semanas, de restrinxir ás visitas á nosa Residencia de Silleda.

Agradecemos ás familias enormemente a comprensión e prudencia. Son momentos moi difíciles para todos, a nosa prioridade é asegurar o benestar dos nosos maiores e aportarlles tranquilidade e confianza.

Por suposto, continuamos coas videochamadas para facilitar o contacto entre maiores e familias. Lembra sempre solicitar cita previa.

Compartir

Facebook
Email
WhatsApp

Más publicaciones:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.