De xeito totalmente preventido, na Residencia de Silleda decidimos restrinxir as visitas dos familiasres aos nosos maiores dende o día de hoxe.
O noso equipo médico, que segue a evolución do COVID-19 de preto, e a dirección do noso centro vense na obriga de tomar unha decisión drástica, sendo conscientes da súa dificultade.
Debido á situación na que se atopa a nosa contorna e tamén as provincias veciñas, decidimos, de xeito preventivo e ata que a situación mellore, restrinxir as visitas aos familiares.
Rogámoslle ás familias comprensión e prudencia. Son momentos moi difíciles para todos, a nosa prioridade é asegurar o benestar dos nosos maiores e aportarlles tranquilidade e confianza.
Por suposto, facilitaremos o contacto entre maiores e familias a través de videochamadas e chamadas telefónicas, sempre con previa cita como viñemos facendo dende o inicio desta pandemia.
Desexando que esta restricción dure o menos posible e a situación mellore, enviamos unha forte aperta a todas as familias e agradecemos de antemán a comprensión.
