Para nós, sempre é unha gran alegría recibir mensaxes como esta, na que os familiares dun dos nosos residentes nos dan as grazas polo noso traballo.
O Equipo da Residencia, tanto de Silleda como de Luintra, está formado por profesionais apaixoados polo seu traballo, que se entregan en corpo e alma cada día para que os nosos residentes se sintan coma na súa propia casa.
Moitas grazas por facernos chegar estas palabras, son unha gran motivación para seguir adiante con máis forza ca nunca!

