Inocente inocente
Onte celebramos o día dos inocentes implicando aos nosos maiores na realización dunha manualidade típica da época: o monigote de inocente inocente. Aproveitamos a ocasión para desfrutar dunha xornada diferente, repleta de bo humor, alegría e algunha que outra inocentada. Aquí podedes ver os resultados deste día dos inocentes.