Temos as mellores voces do Deza!
Os nosos maiores obséquiannos continuamente con momentos tan fermosos e entrañables coma este. E hoxe, queríamos compartilo con vós e facervos partícipes do ben que o pasamos todos xuntos. Desfrutade desta xoia!
Imos de excursión!
Onte fumos de excursión ás illas de Gres a Ponteledesma. Visitamos as Illa de San Ramón e despois desfrutamos dunha deliciosa e divertida comida na Área Recreativa da Carixa. Dende logo, non pode haber mellor maneira de ir despedindo o verán, e ir recibindo ao fermoso outono. Pasamos un día marabilloso!