Poñémonos máis fermosas aínda!
Sentirnos ben con nós mesmas é moi importante para afrontar o día a día. Non podía ser menos na nosa Residencia de Luintra. Esta semana tocou sesión de perruquería, e as nosas maiores quedaron aínda máis fermosas do que xa eran. Feliz fin de semana a todos!
Días de Sol na Residencia de Silleda.
Sae unha raiola de sol e nós xa estamos no noso recén estreado xardín. Sempre con protección solar e con gorriñas que nos protexan a cabeza da exposición solar, falamos, rimos e pasámolo ben desfrutando do sonido dos paxariños. O bo tempo fai que os nosos maiores estén máis contentos. Aproveitamos para fomentar a dinamización […]