Celebramos cumpleanos!
Outro mes que temos o pracer de celebrar os cumpleanos de varios dos nosos maiores. Cada aniversario convírtese nunha auténtica festa, xa que non hai cousa que nos encha máis de alegría que sumar anos xuntos. Moitos parabén a todos! Por certo, a tarta estaba deliciosa!
Somos os máis marchosos!
Na nosa Residencia, os venres son días de moita felicidade. Achégase a fin de semana, e ainda por riba, temos un tempo marabilloso. Así que decidimos celebrar a nosa felicidade cunha boa sesión de baile. Non se pode negar que os nosos residentes son os máis marchosos da comarca! Pasámolo en grande bailando as nosas […]