Celebramos o entroido na nosa Residencia de Luintra
Como bos ourensáns e ourensanas, o Entroido é moito máis que unha festa para nós. Na nosa Residencia de Luintra o entroido entrou de cheo a inundar os nosos maiores de ledicia e felicidade. Non sabedes o ben que o pasamos! E non queremos deixar pasar a oportunidade de compartilo con todos vós!