Viva o Entroido!
Así de ben celebramos o Entroido en Luíntra. Como bos ourensáns e ourensanas, o Entroido é moito máis que unha festa para nós. É tradición, sentimento e ledicia, aida que este ano toque celebralo de xeito diferente. Viva o Entroido e vivan as boas costumes!
Celebramos o Amor por todo o alto!
Xa sabedes o moito que nos gustan as celebracións na nosa Residencia… E a Festa do Amor non podía ser menos! Comimos, compartimos, falamos, rimos, desfrutamos, e deixámonos moi claro uns aos outros o moito que nos queremos. Viva o amor en todas as súas formas! Porque na nosa Residencia, estamos namorados do Amor.