Xa chegou o Entroido!

Como bos ourensáns que somos, o Entroido é unha das nosas festas favoritas do ano. Comezamos a darlle forma aos nosos disfraces deste ano. Porque ainda que vaia ser un Entroidi diferente, ninguén dixo que non se podía celebrar. Eso si, coma sempre, con todas as medidas de seguridade e precaución. Que viva o Entroido!

Cantamos todos xuntos

Hoxe queremos compartir con vós este vídeo no que cantamos todos xuntos unha coñecida melodía que nos encanta. Cantar fainos estar máis felices e alegramos alma e corazón.

Encántanos o Entroido!

Na nosa Residencia somos uns festeiros, e aproveitamos todas as ocasións para celebrar as nosas tradicións. Xogamos, rimos e divertímonos moito xogando a encestar a pelota. E ademáis, coemzamos a elaborar os nosos disfraces de Entroido. Este ano imos de mariñeiros!! Estamos desexando ensinarvos o resultado final… A que ten boa pinta?

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.