Hoxe facemos flores!

O Equipo de Animación da Residencia de Silleda non para de artellar actividades! Sen dúbida, son os máis creativos da Residencia. Estivemos facendo unhas fermosas e alegres flores con moldes de magdalenas. Quedaron chulísimas e vannos servir para continuar adornando o mural da nosa parede. Así da gusto camiñar polos nosos pasillos.

Que ben comemos!!

Sempre elaboramos menús equilibrados con produtos de primeira calidade, pero hai días que parecen de festa! Que vos parecen estas pescadas e estos lirios fresquísimos que lles preparamos aos nosos residentes? Estaban para chupar os dedos!

Tardes de diversión en Luintra

Na Residencia de Luintra sabemos moi ben como divertirnos! E tamén como combater as tardes de calos que nos está a dar este mes de Xullo, aproveitando a zona do xardín. Unha tarde moi entretida na que desfrutamos, e exercitamos corpo e mente.

Cumpreanos en Xullo

Na Residencia de Maiores de Silleda despedimos este caluroso mes de Xullo celebrando por todo o alto os cumpleanos dos nosos residentes. Coma sempre, pasámolo xenial! É todo un orgullo para nós poder seguir celebrando a vida con alegría e positividade. Por moitos máis cumpreanos xuntos!

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.