Traballamos mediante videoconferencias.

Así son as nosas reunións ultimamente, sempre a través da pantalla e dende as nosas casas. Hoxe reunímonos co Hospital Clínico de Santiago de Compostela mediante videoconferencia. Continuamos a traballar adaptándonos aos novos medios e sen deixar de atender ás medidas e cambios que nos envían dende a Consellería de Sanidade.

Na Residencia de Luintra, estamos todos ben.

Así pasamos o tempo na nosa Residencia de Luintra, entre bailes e celebracións porque, estamos todos ben! Seguimos a cumprir con todas as medidas de seguridade e prevención contra a pandemia do coronavirus. Os nosos traballadores contan con material de prevención, cumprindo o que manda a Consellería de Sanidade. As inmediacións da residencia están desinfectadas […]

Continuan os traballos de desinfección.

Xa fai máis dun mes dende que comezamos coas medidas preventivas na Residencia de Silleda fronte ao Coronavirus. Aínda así non podemos relaxarnos, por iso as labores de desinfección tanto dentro coma fora da residencia continúan. Grazas de novo ao Concello de Silleda por desinfectar as nosas rúas.

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.