Labores de desinfección na nosa Residencia de Luintra

En Luintra continuamos coas labores de desinfección de todas as estancias da nosa residencia. Todos e todas traballamos cos equipos de protección recomendados polas autoridades sanitarias. A seguridade dos nosos maiores é primordial para nós.

O equipo da nosa Residencia de Silleda fará turnos únicos a partir do 31 de marzo.

Nun gran esforzo por parte de todo o equipo que conformamos Residencia de Silleda tomamos a seguinte decisión; Dende mañá, martes día 31 de marzo, a nosa residencia contará cun só turno de traballo, de xeito que o noso persoal teña o mínimo contacto fora da residencia, disminuíndo así o risco de poder ser contaxiados. […]

O noso equipo ten unha mensaxe para ti, grazas!

O noso equipo ten unha mensaxe para ti, GRAZAS. Dende que se decretou o estado de alarma, na nosa residencia cumprimos todas as medidas de prevención, coidamos aos nosos maiores e procuramos telos entretidos para que estén o máis ao marxe posible do que está a acontecer fóra do que xa é, a súa casa. […]

Así pasamos a fin de semana na Residencia de Silleda

Na nosa Residencia de Silleda pasamos o fin de semana xogando e estimulando aos nosos maiores. Compartimos con todos vós estas fotografías (nas que debemos pixelar as súas caras para protexelos) para que sintadez a paz de velos a todos ben. Ánimo e moita forza a todxs os que nos axudan co seu confinamento! Grazas

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.