0

Onte foi un día moi especial para os nosos maiores, porque fixemos algo que lles encanta: sair de excursión!

Collimos o autobús para visitar a fermosa Aldea do Nadal de Doade, na que desfrutamos moito. Ao voltar, paramos a sacar unhas fotos na estatua de Loriga do centro de Lalín, aproveitando tamén para ver alguhas das Aldeas de Nadal que visten as súas rúas.

E para rematar un día perfecto, tivemos misa para dar a benvida ao Nadal coa compañía do Padre de Siador e o seu marabilloso acordeón.

Agora si que estamos preparados para celebrar as Festas por todo o alto!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *