Hai uns días, chegaba o momento no que os Reis Magos visitan as nosas casas para deixarnos agasallos se nos portamos ben durante todo o ano.
Como non podía ser doutro xeito, pola nosa Residencia pasaron para saudar e charlar cos nosos maiores, e deixarnos un fermoso detalliño para cada un deles.
Os nosos residentes son magníficas persoas, e por iso agora van pasar todo o ano cos pés ben quentiños e cheos de estilo.
Grazas Reis Magos, agardámosvos o ano que vén!