Comezamos xa a celebrar o San Xoán!
Despois de tanto traballar para poñer ben bonita a nosa residencia para esta festa que tanto nos gusta, chegou a hora de desfrutar como máis nos gusta.
Degustamos unhas sardiñas con pan de millo que estaban deliciosas, e tamén deixamos sitio para un saboroso postre e algún que outro brindis.
Non cabe dúbida de que as meigas quedarán ben lonxe de nós, porque aquí sempre reina a ledicia!
Viva San xoan .feliz día. Que felicidad tienen todos…..Un saludo hasta pronto