Mañá comeza oficialmente o outono, e nós estamos moi contentos porque é unha época do ano que nos encanta.
Nela celebramos o magosto e o samaín, admiramos a beleza da paisaxe que se tingue de fermosas cores e facemos un montón de actividades que os nosos maiores desfrutan moito.
Así que decidimos facer un espectacular mural para darlle a benvida por todo o alto.
Hoxe compartimos con vós parte do proceso, a que ten boa pinta?
