Como xa vén sendo habitual, as Súas Maxestades de Oriente decidiron visitar a nosa Residencia antes de pasar polas casas da contorna.
Temos a honra de ser a primeira parada dos Reis Magos no seu día, e os nosos maiores desfrutan moito da súa compaña. Ademáis, nun día tan especial e cheo de ilusión non podían faltar os agasallos, e os nosos Residentes recibiron os seus coa mesma ledicia que cando eran nenos.
Xa estamos contando os sías para que volvan no vindeiro Nadal.