Hoxe, lembramos con moito agarimo a nosa participación no Telexornal de Mediodía da TVG do día de Nadal.
Alberto Mancebo daba paso a un vídeo no que se amosaba a realidade dunhas datas tan especiais na nosa Residencia.
Temos a sorte e o orgullo de poder dicir que os nosos maiores realmente sinten que este é o seu fogar, que traballamos por facer que cada día sexa mellor e máis feliz que o anterior, e que lles transmitimos todo o noso agarimo.
Podedes velo na seguinte ligazón, a partir do minuto 38:31:
bit.ly/3wezTLs