Onte celebramos a primeira edición desta festa, que reuneu a maiores e familias nunha xornada memorable.
A inauguración da celebración correu a cargo da nosa directora Paula Guzmán, e o alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, que comparteu con nós esta xornada chea de emocións.
Contamos tamén coa participación do director xeral de maiores, Fernando González.
Desfrutamos dun recital a cargo da poeta Rosalía Morlán, presentada polo noso querido Juan Liñares. Tamén tivemos uns premios moi especiais e a elección dos nosos particulares Miss e Míster. O título de beleza masculina recaeu en Santiago Rivero e o feminino foi para Mercedes Puga.
Manuela López e José Fraga foron elexidos a mellor parella e Juan Seara o máis activo. Tamén premiamos a colaboración de Manuel Vilela e a actividade que desenvolve Pilar Fernández no centro de día. Tamñen houbo espazo para un recoñecemento a Antonio Nogueira, o noso primeiro residente, e a Luisa Mendoza, a residente máis lonxeva.
A música foi tamén protagonista, coa actuación do dúo musical La hora Bruja, que animou a festa, xunto coas fermosas cancións de Manoele de Felisa.
Coma non podía ser doutra forma, o baile, a diversión e a comida non faltaron… Xa sabedes o que nos gusta unha boa festa!
Esta festa que celebramos por primeira vez, tivo máis importancia ca nunca despois de dous duros anos de pandemia e de restriccións que non foron fáciles nin para os traballadores, nin para os maiores e as súas familias.
Agardamos poder darlle continuidade a este evento, e seguir desfrutando xuntos de momentos tan especiais e únicos. Sen dúbida, un día que todos lembraremos e levaremos no corazón.
Moitas grazas a todos!