Hoxe volvimos a recibir con moita ilusión aos pequenos e pequenas do Colexio Público de Silleda.
Desta vez, deleitáronnos con panxoliñas e muiñeiras, e ademáis trouxéronnos unhas fermosas tarxetas de Nadal pintadas por eles mesmos.
Non podemos estar máis agradecidos aos nenos e ao persoal docente por compartir estes momentos con nós. Crearemos recordos inesquecibles destes días.