Hoxe é o 25N, o Día Internacional para a eliminación da violencia machista.
Un grave problema que sufre a nosa sociedade, e que se leva cobrado a vida de 1.167 mulleres dende 2003, ano no que se empezaron a recopilar datos oficiais.
Dende a nosa residencia, berramos moi alto que non queremos nin unha muller máis asasinada, nin unha muller máis con medo, nin unha muller máis aldraxada e insultada.
Queremos a todas as mulleres vivas e libres.
