O frío chegou á nosa comunidade… E onte quixemos aproveitar que nevou en Luintra para pasar unha xornada estupenda desfrutando da neve coma nenos pequenos.
Non queremos deixar pasar a ocasión de lembrarvos que extremedes as precaucións se tedes que saír á estrada, pero tamén que gardedes un ratiño para, se podedes, xogar e pasalo moi ben.