Chega o verán
Achégase a tempada estival e na residencia de maiores de Luintra estamos preparándonos para a ocasión.
Semana verde 2023
Este fin de semana tuvo lugar no recinto feiral de Silleda a máis que coñecida por todos nós Semana Verde de Silleda. Como non podía ser doutra maneira fixemos unha visita cos nosos maiores para que puideran ver o que, nalgúns casos, foi parte de súa vida.
Actividades variadas
Xa que con este tempo non se pode saír o exterior polas treboadas, na residencia de maiores de Silleda aproveitamos para entreternos dentro con actividades de cara á festividade de Corpus.
Aniversarios mes de maio
Como todos os meses, é o momento de desexar os nosos parabéns para aqueles residentes que están de aniversario neste case rematado mes de maio. Moitos parabéns a todas e todos!
Día das letras galegas
O pasado 17 de maio celebramos na nosa residencia o día das letras galegas cun menú difente e moi especial, para o cal a nosa cociña puxo todo o seu esforzo e cariño.
Facemos 4 anos!
Este pasado 9 de maio a nosa residencia estivo de aniversario e cumpleu nada mais e nada menos que 4 anos xa. Dende o equipo da residencia queremos agradecervos a todas e todos vos por confiarnos esa tarefa tan delicada e sensible como é o coidado dos nosos maiores. Moitas grazas por confiar en nos […]
A nosa horta
Ó igual que no pasado ano, neste tamén nos decidimos a cultivar verduras nas nosas pequenas hortas. Os nosos maiores, con Manuel Vilela ó mando, comezaron de novo a cultivar vexetais variados para degustalos cando chegue o seu momento.
Que viva o amor!
A nosa Residencia está chea de amor todos os días… E por iso non podíamos deixar pasar a ocasión de celebrar o día do amor por excelencia… San Valentín! Manualidades, agasallos, corazóns, bombóns, flores, e ata un Cupido nos acompañaron nunha xornada do máis doce. Agardamos que nas vosas vidas nunca falte o amor, sexa […]
Obradoiro de reciclaxe.
Hai uns días tivemos o pracer de recibir as técnicos da Xunta de Galicia, que nos impartiron un obradoiro de reciclaxe. Aprendimos a importancia da separación de residuos, como e por que facelo. Os nosos maiores, coma sempre, foron uns alumnos sobresaíntes. Estiveron moi atentos a todas as explicacións e participaron activamente nas divertidas actividades […]
Grazas a todos e todas!
Os nosos maiores, xunto coa nosa animadora Susana, elaboraron unha fermosísima decoración navideña para o II Certame de Decoración #SilledaNadal. Fixeron un traballo realmente impresionante, e o mellor de todo, é que puidemos velos desfrutar do proceso en todo momento. Hoxe queremos darlles as grazas a eles, os nosos protagonistas, a Susana pola súa adicación […]