Como xa sabedes, na nosa Residencia as festas celebrámolas todas!
E o Nadal, non podía ser menos… Unhas datas moi especiais que para nós significan ledicia, ilusión, diversión, e moita comida rica.
Estes son os menús especiais que elaboramos con todo o agarimo do mundo, para que os nosos residentes os desfruten nas datas máis sinaladas coma son Noiteboa, Nadal, Finde Ano, Aninovo e Reis.
Acompañarémolos con boa música para que o ambiente festivo sexa ainda máis agradable e divertido.
Estamos contando as horas para comezar a celebrar!
