Encántanos compartir o noso día a día coas familias dos nosos maiores, e máis nun momento delicado como segue a ser o de agora.
Axiña os nosos maiores volverán a ver as súas familias, e nós, estámolo desexando.
Namentras, as nosas semanas continúan a estar cheas de actividades que estimulan os seus sentidos, que arrincan sorrisos e que producen gargalladas.
Aqui vos deixamos unha pequena mostra.
