Nun Día do Traballador tan distinto e especial como é o deste ano, queremos contarvos que é para nós o traballo.
Somos un equipo formado por persoas moi diferentes, sen embargo, se nalgo nos semellamos é no amor e compromiso polo noso traballo.
Traballamos con persoas, e dentro desta Residencia o único importante son eles. Así que todas estas profesionáis, as confinadas polos seus maiores, as que deixan fillos e familia por seguridade, as que pasan todas as horas da súa xornada laborar arrincando sorrios aos maiores, as que, de portas para adentro da residencia semellan que fora a realidade é completamente normal. Todas elas son o noso equipo, as nosas traballadoras, das que estamos profundamente orgullosos.

Grazas infinitas a todos os que nos valorades, aos que nos coidades despois de xornadas eternas de traballo e, sobre todo, grazas aos nosos maiores!

4 respostas
Sodes os mellores!!!!!
Que alegría recibir estas palabras!
Un abrazo
GRACIAS EQUIPO!!!
Gracias Elena!